22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concellería de medio ambiente de Burela organiza unha actividade de paddel surf, destinada a rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos

16-06-17

160617 Foto Noelia BenBurela, 16 de xuño de 2017. A Concellería de Medio Ambiente, xunto ao Augas Santas Kite Club, organiza unha actividade de paddel surf, na que poderán participar tod@s @s nen@s empadroad@s en Burela e nad@s entre os anos 2001-2009.

O prazo de inscrición estará aberto do 20 ao 22 de xuño. Xa o luns, día 26, farase pública a lista de admitidos no Concello e na súa páxina web. As actividades terá lugar os luns, mércores e venres durante os meses de xullo e agosto. Desde a Concellería de Medio Ambiente Noelia Mª Ben sinala que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos: saber nadar, ter entre 8 e 16 anos e estar empadroad@s en Burela. O material necesario para a actividade correrá a cargo do Concello. Os rapaces só precisarán levar bañador e toalla”

O paddel surf terá lugar na praia de Portelo de 11 a 13 horas. O número de prazas para cada un dos días é de 15, en total ofértanse 45 prazas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive