18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación territorial da Xunta acolleu a presentación da III edición da mostra de artesanía e agroalimentación do barrio dos Muiños en Mondoñedo

13-06-17

130617 Feira MondoñedoLugo, 13 de xuño de 2017.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da III edición da Feira e Mostra de Artesanía e Agroalimentación que se celebrará no barrio dos Muíños de Mondoñedo o sábado 24 de xuño.

No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e unha nutrida representación dos distintos artesáns que participarán neste evento.

De feito a Feira aspira a converterse nun punto de referencia da artesanía da Mariña lucense, para o que ademais aproveita un espazo –o tradicional barrio dos Muíños da cidade episcopal- que servirá de escenario ideal para que artesáns e agricultores amosen os seus produtos, poñan en valor e conciencien sobre a importancia de conservar estes oficios e os produtos locais máis tradicionais.

“Trátase dun escaparate anual para que veciños, turistas e peregrinos tomen conciencia do traballo que están levando adiante nestes histórico barrio, no que atopamos distintos obradoiros como os que hoxe están abertos de serigrafía, cantería, monicreques, olaría, ferro, … A mostra abre camiño para a promoción dos diferentes oficios relacionados e vai na liña, apoiada desde o Goberno galego e local, de prestixiar os produtos artesáns galegos”, explicou o delegado territorial.

Como novidade este ano sumarase ao programa unha nova ruta guiada, Ruta dos Artesáns, que permitirá percorrer os distintos obradoiros e espazos do barrio, coñecer a súa historia e a natureza que o rodea. Tamén desenvolveranse as habituais actuacións musicais, un xantar de confraternidade, un desfile de época e distintas actividades para nenos e nenas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive