21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A exposición do XX aniversario do fondo galego de cooperación permañecerá en Burela, na praza do Concello, ata o 25 de xuño

13-06-17

IMG-20170613-WA0020Burela, 13 de xuño de 2017. A praza do Concello acolle estes días unha exposición conmemorativa do vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación. A mostra pode visitarse ata o día 25 de xuño e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a achegarse á solidariedade acudindo a esta cita.

A exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade estrutúrase en cinco grandes cubos de catro caras pensados para a instalación en exteriores. O ilustrador Pepe Carreiro encargouse do seu deseño, cun formato moi visual, mentres que os contidos foron ideados pola Secretaría Técnica do Fondo Galego.
O rexedor burelés invita “a toda a xente que estea en Burela estes días a que se achegue á praza do Concello a visitar a exposición que conmemora o vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación, a onde pertence o Concello re Burela. Consideramos que debemos ser un concello solidario, sensible aos problemas que existen noutros países e dalgunha maneira queremos estar aí e apoiar todo aquilo que se poida facer en base da solidariedade, da igualdade e para a erradicación das desigualdades que poden existir nos diferentes países. Penso que tendo eses principios tamén nos van servir para funcionar mellor no noso país”.

Alfredo Llano explicou que “na exposición hai cinco paneis que están deseñados por Pepe Carreiro, ao que todo o mundo coñecerá polos Bolechas, é tamén deseñador dos Bolechas. Eses cubos veñen informar do que se fixo nestes vinte anos, en qué consiste o Fondo de Cooperación, en qué proxectos estamos metidos, etc…”.

O alcalde de Burela engadiu: “cremos que a xente que queira achegarse sempre sairá un pouco máis informada, máis sensibilizada e posiblemente lle sirva para tomar algunha decisión no futuro cara a solidariedade. Polo tanto está todo o mundo invitado, tanto veciños de Burela como veciños da comarca da Mariña”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive