21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A feira anual de gando da Espiñeira, que organiza o Concello de Foz, celebrarase este domingo, día 18

13-06-17

CARTEL FEIRA DE GANDO A ESPIÑEIRA 2017Foz, 13 de xuño de 2017. Este domingo, 18 de xuño, celebrarase a tradicional feira anual de gando que ten lugar na Espiñeira, lugar da parroquia focense de Vilaronte. Neste evento, organizado polo Concello de Foz, haberá actuacións de grupos folclóricos, sesión vermú, concurso de andadura de trotóns e premios ás mellores cabezas de gando.

O concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe que “un ano máis o Concello de Foz vai levar a cabo o próximo domingo 18 a feira que todos os anos se celebra no barrio da Espiñeira, na parroquia de Vilaronte”.

Fernández Manín sinalou que “haberá actuacións folclóricas, esperemos que bastante gando, un bar onde nos servirán churrasco e pulpo e as carreiras de trotóns cuns premios de 150 euros ao primeiro, 100 euros ao segundo e trofeo ao terceiro. Este ano soamente facemos a carreira de trotóns porque nos anos anteriores as demais sempre nos quedaban desertas e era unha pena que nos quedaran trofeos e había outros gastos, que así evitamos”.

O edil engadiu que “haberá un premio de 200 euros para o maior número de gando cabalar, cun mínimo de cinco cabezas; á mellor egua de sela, con 100 euros; ao mellor cabalo de sela, tamén 100 euros; o maior número de cabezas de gando vacún, cun mínimo de cinco, terá un premio de 200 euros e a cabeza de gando máis destacada, 100 euros”.

Pedro Fernández tamén comentou que “haberá as actuacións, como todos os anos, unha sesión vermú e as grupos folclóricos. Invito a todos os gandeiros a que nos visiten ese día que espero que, como está sinalado que vai haber un bo día soleado, teñamos unha gran afluencia tanto de gando como de público”.
O concelleiro rematou dando “as grazas e os parabéns aos veciños da Espiñeira por loitar sempre por esta feira e apoiala en todo momento”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive