21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Pomba do Arco organiza o Venres 16 de Xuño ás 20:30 na Casa Selmira de Cangas unha palestra titulada “Cangas no século XIX. Radiografía dun pobo e das súas xentes”

15-06-17

Foz 11-6-17. A palestra correrá a cargo do xornalista e estudoso da nosa historia Martín Fernández Vizoso. A palestra será presentada polo historiador e presidente da Pomba do Arco Xoán Ramón Fernández Pacios .

Martín Fernández Vizoso, tomando como punto de referencia diversos censos de Cangas do século XIX, percorrerá a historia de Cangas ao longo do período, con especial atención a súa poboación e as familias residentes, Cangas contaba en 1880 con 772 veciños, a súa configuración urbanística, a actividade económica das súas xentes e a conformación sociolóxica. Ao tempo poñeranse a disposición dos asistentes, os diversos censos de poboación do século XIX a fin de aclarar dúbidas sobre persoas e ascendentes.

Xa por último lembrar que o Sábado 24 de Xuño celebramos un roteiro guiado polo “Patrimonio e a historia de Cangas”, para o que aínda quedan unhas poucas prazas libres, podendo inscribirse no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive