18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta comeza este mércores as obras de acondicionamento dunha área de esparexemento na Rigueira, en Xove

13-06-17

Xove (Lugo), 13 de xuño de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio dará comezo mañá ás obras de acondicionamento dunha área de esparexemento en contacto coa natureza na Rigueira, no municipio de Xove.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dun espazo moi concorrido especialmente durante a romaría de San Antonio, que se celebra hoxe, polo que se decidiu esperar a que pasara a festa para que esta non se vira condicionada polos inconvenientes das obras.

Os traballos, nos que a Xunta inviste 16.500 euros, afectan a preto de 800 metros cadrados xunto ao río Rigueira. As intervencións serán limitadas e respectuosas co medio, e incluirán a instalación dun panel interpretativo da área -con estrutura de madeira- informando sobre as súas cualidades ambientais.

A zona de esparexemento será delimitada con varios elementos en distintos tramos, un muro de pedra de cachotaría, unha varanda de madeira de piñeiro e mesmo coa plantación dunha sebe viva con especies arbustivas autóctonas ao longo de 45 metros.

Disporanse tamén varios elementos de mobiliarios: tres conxuntos de bancos e mesas, dous bancos e un conxunto de barbacoa e fonte, todos eles de granito. Igualmente, haberá dúas papeleiras de madeira.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive