Foz 13-6-17. Varias entidades e organizacións nas que Xan Carlos González Basanta participaba ou participou nalgún momento, estamos a preparar unha homenaxe a esta persoa que chegou a interesarse e implicarse na filosofía, na cultura, no deporte, no sindicalismo, na política… E fíxoo sempre desde unha postura activa, comprometida e de camaradería, pondo os intereses sociais antes que os persoais. Somos moitas e moitos os que notamos a súa falta e queremos manifestar este sentimento rendéndolle unha homenaxe.
Sabemos que hai máis xente nesta situación, por iso queremos facer pública esta homenaxe, que se concretará nun acto público o día 1 de xullo en Foz, e tamén queremos convidalos a participar dela, ben persoalmente, ben como organización.
Para facelo deben dirixirse a este enderezo de correo electrónico:
homenaxebasanta@gmail.com.
Promoven inicialmente:
A Pomba do Arco,
Bloque Nacionalista Galego,
C.B. Celtas Foz ,
C.D. Foz e
Confederación Intersindical Galega.