22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inauguración do novo campo de fútbol de herba artificial de Xove

16-06-17

Xove, a 16 de xuño de 2.017.Este sábado 17 de xuño, a partires das 18:00 horas, vai ter lugar a inauguración do novo campo municipal de herba artificial, que se acaba de construir sobre o vello campo de entreno anexo ao Campo Municipal de Fútbol de Xove. Para esta inauguración contarase, ademáis do alcalde Demetrio Salgueiro, co Presidente da Deputación Darío Campos e co xefe de servizo de Deportes da Delegación Territorial da Xunta en Lugo Manolo Cadramón.

A obra, fíxose en dúas fases. Na primeira abordouse o propio campo e o entorno (campo de xogo, accesos, bancadas, porterías e equipamento en xeral). En total, estamos a falar dunha actuación nun espazo de 6.501 metros cadrados, dos que 5.555 corresponde ao propio campo de fútbol. Esta fase tivo un presuposto total de 514.250 €uros, dos cales Concello aportou 264.250 €uros e a Deputación de Lugo 250.000 €.

Na segunda fase, dotouse ao campo duns baños para o público e unha cantina. O investimento total nestes dous espazos foi de 60.482,47 €uros, financiados integramente polo Concello.

O investimento total realizado nesta nova instalación foi de 574.732,47 €uros, dos cales o Concello aportou 324.732,47 €uros.

Dentro das características técnicas, destacan os materiais empregados na construcción deste novo campo, no que respecta ao céspede artificial, son do máis moderno, de última xeración. Na súa construcción a rede de drenaxe do campo irá conectada mediate bombeo a un depósito de recollida e aproveitamento de augas pluviais, que suporá para o Concello un aforro no consumo de auga, xa que a instalación ven preparada para recoller e reciclalas.

Estas son as últimas actuacións realizadas, coas que se completa definitivamente a modernización do campo. Antes destas, o Concello dotou ao campo dunha nova grada para o público e, ademáis, realizou unha gran ampliación na parte norde do mesmo, coa creación dunha gran escollera que permiteu ampliar o terreo de xogo nun montón de metros.

O campo está preparado para acoller fútbol 11 e fútbol 7, polo cal, tódolos nenos/as do Concello que poderán utilizar esta instalación. Uns100 nenos/as e rapaces/as do Concello están inscritos e xogando ao fútbol actualmente en Xove, dentro da ACD Xove e da U.D. Xove-Lago.

O Programa para inauguración, vai ser o seguinte:
-18:00 horas.- Acto oficial de inauguración a cargo das autoridades presentes.
Rematado este acto, tódolos nenos/as e rapaces/as van poder probar o novo campo, xa que se van realizar partidillos entre eles, incluído un partido entre xogadores dos clubs e país.
Sobre as 20:00 horas remate dos partidillos, xogadores/as e pais subirán para o Campo Municipal (o campo grande), lugar onde se vai facer a presentación da exposición de fotografía “En Xove, fútbol xove”.
A exposición ao completo vaise abrir o martes, 20 de xuño, ás 18:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico. Esta exposición, conformada por 44 fotografías adicadas aos nenos/as e rapaces/as da ACD Xove e da U.D.
Para rematar este acto de inauguración, tódolos nenos e rapaces, xuntos cos seus pais ou familiares, van participar nuns pinchos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive