Carlos Núñez estivo na vila ribadense antes de viaxar ao municipio cántabro de Camargo para ofrecer un concerto que congregou a multitude de público. Durante a pasada primavera fixo unha xira por Estados Unidos e Canadá e para os vindeiros meses ten programadas máis de 20 actuacións en diversos lugares de España e Francia. Durante a súa visita a Ribadeo o famoso gaiteiro fixo gala da súa amabilidade e sinxeleza e accedeu a facerse fotos cos que llo pediron, como algúns dos camareiros do bar restaurante Marinero.
O gaiteiro Carlos Núñez visitou Ribadeo e comeu no restaurante Marinero
O gaiteiro Carlos Núñez visitou Ribadeo e comeu no restaurante Marinero
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”