19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación inviste 1,5 millóns na mellora de 20 quilómetros de estradas en 6 Concellos

16-06-17

DSC_0018 (1)Lugo 16-6-17. O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación na Xunta de Goberno do inicio da contratación de melloras por valor de máis de 1,5 millóns de euros en 20 quilómetros de 4 estradas provinciais, que discorren polos Concellos de Cervantes, Friol, Baralla, Becerreá, Castro de Rei e Pol.

Estas son as seguintes:
- LU-P-0702, de Becerreá a Navia por San Román de Cervantes. O Goberno da Deputación achega 800.000 para o acondicionamento de 10 quilómetros en 3 treitos: dende o quilómetro 0 ao 3, do 10.600 ao 11.385 e do 17 ao 23. Todos eles discorren polo municipio de Cervantes.

- A LU-P-2101 de Friol a Parga. O Goberno da Deputación achega 200.000 euros para a mellora de 2,5 quilómetros: dende o 9,300 ao 11,780. Con estas actuacións, o Executivo Provincial rematará o arranxo integral desta vía, na que leva investido máis de 1 millón de euros. Trátase da vía que une Friol e Guitiriz, un dos principais accesos da zona á A-6, así como a principal vía de comunicación a 10 parroquias.

- A LU-P-0508, da LU-170 por Castrolanzán. O Executivo Provincial achega máis de 205.000 euros a mellora de 2,5 quilómetros desta vía no Concello de Baralla, principalmente, e dun treito máis curto en Becerreá. As actuacións levaranse a cabo dende o quilómetro 4,5 ao 7.

- A LU-P-1611, de Castro de Rei a Pol. O Goberno da Deputación inviste 360.000 euros no arranxo de 4,5 quilómetros, que discorren polos Concellos de Castro de Rei e Pol. Concretamente, dende o punto quilométrico 99,5 ao 104.

Outros 200.000 euros na roza de vías de 16 Concellos
A Xunta de Goberno aprobou con máis de 200.000 euros a contratación de 7 autónomos e pequenas empresas da provincia para a realización dos traballos de roza en estradas provinciais de 16 Concellos.

O presuposto e os municipios distribúense do seguinte xeito: son 36.400 euros para a rozas de estradas provinciais na Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; 27.300 euros para as de Castro de Rei, Pol e Meira; 29.000 euros para as de Ribeira de Piquín e A Fonsagrada; 26.000 para as de Negueira de Muñiz e Navia de Suarna; 23.700 euros para as de Becerreá e As Nogais; 30.700 para as de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro; e 29.100 para as de Chantada e Carballedo.

Santos Ramos explicou que “en total, coas contratacións que aprobamos hoxe e coas da semana pasada, levamos investido preto de 360.000 euros na roza de vías provinciais de 31 municipios da provincia. O conxunto destes traballos foron adxudicados a 12 autónomos e pequenas empresas. Nas vindeiras semanas, adxudicaremos os traballos de roza nas estradas provincias dos restantes 36 Concellos da provincia con outros 440.000 euros, pois en total achegamos 800.000 euros a esta programación nas vías dos 67 municipios”.

13 novos empregos en 8 Concellos
O Goberno da Deputación tamén aprobou a resolución de 13 desempregados lucenses que comezarán a traballar a vindeira semana en empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia, a través do Ben Empregado3, máis social. Trátanse de 1 oficial de perruquería para traballar en Lugo; 1 albanel en Becerreá; 1 camareiro en Paradela, 2 na Fonsagrada e 1 no Corgo; 1 axudante de cociña na Fonsagrada; 1 oficial de primeira en Pol; 1 enxeñeiro para oficinas técnicas en Lugo; 1 recepcionista en Becerreá; 1 community manager en Vilalba; 1 auxiliar de produción de viveiros en Abadín e 1 técnico superior en marketing e publicidade en Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive