27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Roteiro polo Patrimonio de Nois da Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco”

17-06-17

A actividade estará guiada polo estudoso da historia local de Nois, Antonio Sixto. O percorrido polo “Patrimonio de Nois” vai comprender a visita á Ribeira, aos castros da Calexa e de Arealonga, ao conxunto de hórreos do porto de Nois, ás antigas fabricas de salgazón de Bengochea e dos Pillado, ao antigo porto baleiro do século XVII, as turbeiras de Arealonga e a area de Covas. As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao 608-555-010. O número de prazas é limitado polo que prégase que aquelas persoas interesadas se anoten antes do Xoves 25.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive