27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Villares trasladouse con axentes do SEPRONA ata o río Cobo onde descartaron a presenza de verquidos

16-06-17

160617 Verquido Río CoboCervo, 16 de xuño de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado por axentes da Serprona, trasladouse esta mañá ata as inmediciacións do Río Cobo para inspeccionar a zona, logo de que o 112 recibira unha denuncia no día de onte alertando dun suposto verquido.

O rexedor sinalou “que onte mesmo xa nos achegamos á zona, e hoxe volvimos facelo, e non se atopou rastro de ningún tipo de verquido neste Río, e así o avalan os informes da Garda Civil”.

Fíxose unha inspección exhaustiva de todo o curso do Río e non se detectou ninguna anomalía, nin mortaldade de flora e fauna nesta contorna, tal e como tamén confirmaron dende a Seprona.

En todo caso, puido tratarse dun verquido puntual, de algo inerte, porque insistimos en que tanto nas inspeccións realizadas no día de onte, como hoxe mesmo, non se localizou ningunha irregularidade.

Villares recordou que, aínda que neste caso queda descarta a existencia de verquidos perxudiciais co medio, a colaboración cidadá é fundamental para poder actuar coa máxima dilixencia posible ante calquera problema que se poida detectar; e para elo pedimos que se se visualiza algunha anomalía, se poñan en contacto ou ben con Concello de Cervo, o coa Seprona”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive