25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A falta de socorristas impide ao Concello de Cervo abrir as piscinas de río Cobo este verán

12-07-17

120717 Piscinas de Río CoboCervo, 12 de xullo de 2017. O Concello de Cervo finalmente non poderá abrir as piscinas de Río Cobo ante a falta de socorristas que afecta a toda a zona da Mariña.

Así o comunicou o alcalde, Alfonso Villares, quen, acompañado polo edil de Deportes, José Ramón Soto, desprazouse ata o complexo para supervisar os traballos de acondicionamento e limpeza que se están a levar a cabo estes días en toda esa contorna.

Villares sinalou que dende o Concello a nosa intención era abrilas e estudamos a conciencia esa posibilidade, sabedores do uso que lle dan moitas das familias do noso municipio; así, -engadiu- “fixemos as xestións precisas para tentar contratar novos vixiantes con fondos municipais, pero dende a oficina de emprego xa nos comunicaron que non hai persoal dispoñible; polo que, dadas as circunstancias, vémonos na obriga de manter pechadas estas instalacións este verán”.

O rexedor recordou que a día de hoxe o Concello de Cervo conta con 6 socorristas que comezaron a traballar o pasado 1 de xullo, para velar pola seguridade nos nosos areais “un cadro de persoal necesario e moi axustado para a conservación da bandeira azul na Praia do Torno, e que a duras penas nos chega para cubrir un servizo fundamental, quedando algunhas das nosas praias non tan cubertas como nos gustaría en varios tramos do día”.

Neste contexto “vemos imposible abrir as Piscinas do Complexo de Río Cobo, porque o servizo de Socorrismo é condición sine qua non para poder facelo”, puntualizou.

O rexedor apuntou que, de todos os xeitos, dende o Concello procedemos a limpar e acondicionar toda a contorna para que nos vindeiros días os nosos veciños poidan gozar destas instalacións como zona de esparexemento, ademais “nestes intres tamén estamos a proceder a adecuar as pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que hai en Río Cobo, e que quedarán listas para o seu uso este mesmo mes de xullo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive