22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A praia do Torno foi o escenario dun obradoiro de prevención de afogamentos

17-07-17

170717 Prevención afogamentosCervo, 17 de xullo de 2017.- A praia do Torno, en San Ciprián, foi o escenario dun obradoiro de prevención de afogamentos.

A actividade, de balde e aberta a todos os públicos, desenvolveuse no propio areal.

A edil de Sanidade, Manuela Méndez, e o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, quixeron participar nun taller “cuxo obxectivo pasa por trasladar á sociedade as principais pautas de prevención para evitar accidentes na contorna acuática, ensinándolles as nocións básicas para saber actuar ante unha situación de emerxencia que se poida presentar”.

Tal e como sinalaron “é importante que a cidadanía en xeral adquira eses coñecementos básicos que poden axudar a salvar vidas, e a prevención é un concepto sobre o que tentamos incidir e traballar dende o Concello de Cervo; de feito recordaron que “vimos de celebrar a semana da Seguridade con talleres de primeiros auxilios e circuítos de seguridade viaria para os máis pequenos, tamén con gran éxito de participación”.

O obradoiro foi impartido en colaboración con ADEAC e a Fundación MAPFRE.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive