22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Boas novas no DOG para Foz

14-07-17

12Foz 14-7-17. O noso Alcalde nos avisa de que hoxe saíu no DOG a licitación para a obra de dragaxe do que tanto desexabamos e precisabamos con urxencia do “muelle pesqueiro”, algo mais de 600.000€ licita a Xunta para facer esta obra tan necesaria, xa que fai mais de 35 anos que non se draga dentro do peirao. Ademais, tamén se poñerá un pantalán novo no que poderán atracar algunhas embarcacións deportivas, que non vai cubrir a gran demanda de atraques deportivos que temos en Foz, pero polo menos algúns dos que levan mais de dez anos en lista de espera poderán optar por fin a tela en arrendamento. Sen esquecerse de que aínda seguiremos tendo mais de 60 nesa lista que de seguro seguira aumentando, en espera de que nun futuro podan ter unha praza de atraque en Foz para as súas lanchas.

A licitación nos indica que este ano non se vai poder executar a obra, pois os tempos non dan mais de si, pero “Mais vale tarde que nunca”

Polo tanto temos que estar todos os focenses de noraboa: Concello, confraría, clubes e empresas, todos os usuarios de este peirao, pois verémonos beneficiados.

Dende a Ribeira de Foz, dar as grazas de forma explicita o alcalde, grupos políticos e colectivos que axudaron en gran medida a concienciar do problema, e de forma especial a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e o Sr Duran, os cales souberon comprender de forma definitiva que que en Foz temos unha urxencia real nos peiraos, e que se pode solucionar.
E esperamos que seguir con este bo traballo de todos, para por der dar cobertura a tódolos demandantes co a optimización do outro peirao de Foz “Porto Chico”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive