22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cadernos da viaxe. NON HAI TERCEIRA VÍA

09-07-17

perez_lemaPablo Iglesias ven de dicir que se fora catalán non votaría no referéndum de independencia que o Parlament convocará para o vindeiro 1-O. Seica o líder rupturista denuncia a falta de “garantías” e amosa que él e máis os Comúns da Ada Colau(agás a organización catalá de Podemos, favorábel ao plebiscito) están por un “referéndum pactado co Estado”. Home, non! E todos estamos pola paz mundial…!

Do que non se decata Pablo Iglesias (porque si se decata vai moito máis aló) é que, hoxendía, na cuestión catalá non existe terceira vía. Primeiro Artur Màs e, despois, Puigdemont levan cinco anos tentando pactar co Goberno Rajoy, primeiro un encaixe catalán no Estado e agora unha saída pactada que recoñeza o dereito a decidir dos cataláns. Un dereito a decidir recoñecido nos Pactos Internacional de Dereitos Civís e Políticos e Sociais, Culturais e Económicos da ONU, que integran o Dereito español como normas interpretativas no eido dos dereitos fundamentais. Un dereito a decidir que resposta á realidade nacional de Catalunya, absolutamente preconstitucional, como a de Galicia.

Mais o problema é que estamos case a mediados de xullo de 2017 e nin o Goberno do Estado nin ningunha forza política ou social, catalá ou estatal, propuxo ningunha solución de consenso, ningunha sintese, quer mellor financiamento e máis autonomía, quer dupla consulta plebiscitaria (catalá e estatal), quer calquera outra cousa. Velaí a realidade núa…non hai terceira vía. Só hai o recoñecemento ao dereito a decidir (tamén para votar “non”) que demanda máis do 70% da cidadanía catalá ou máis do mesmo.

Claro é que máis do mesmo non é que Catalunya siga igual ca antes da sentenza de xuño de 2010 do Tribunal Cosnrtitucional que coutou o novo Estatut catalá. Porque Catalunya, canda Galicia, sofriu dende entón un substancial recurte do seu autogoberno nesta enxurrada recentralizadora desenvolvida por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. Os gobernos catalán e galego non mandan no réxime local dende a lei de modernización dos gobernos locais do 2013, nin poden regular as aperturas, horarios ou rebaixas do comercio interior, dende a lei de unidade de mercado. Están- e estamos- moito peor canto ao autogoberno ca no 2010.

Velaí que teña razon Xosé Manuel Beiras e non Pablo Iglesias. En Catalunya, polo de agora, non hai terceira vía.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive