22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Máis de 100 nenos e nenas participaron na semana da seguridade organizada polo Concello de Cervo

14-07-17

140717 Semana da SeguridadeCervo, 14 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Seguridade Cidadá, vén de celebrar a Semana da Seguridade, dentro da programación dos Enredos de Verán, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, e que vai dirixida a pequenos de entre 3 e 12 anos.

A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, “sinalou que as actividades foron todo un éxito de participación, de feito contamos con máis de 100 nenos inscritos que participaron nun obradoiro práctico de primeiros auxilios ou no circuíto de seguridade vial “Edu Kart”, que transformou por completo a Praza dos Campos adecuada con semáforos, pasos de peóns, rotondas e todo tipo de sinais de tráfico para que os pequenos, a bordo dos Karts, ademais de pasar unha mañá do máis divertida, tomaran conciencia da importancia de respectar as normas de tráfico adquirindo os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria, para que así participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable”.

Pola súa banda, o edil de Seguridade Cidadá, xa adiantou que para a semana que vén, o luns e o martes, o barco patrulla da Garda Civil desprazarase ata San Ciprián; e os pequenos poderán subir a bordo e coñecer as ferramentas de traballo dos corpos e forzas de Seguridade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive