22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP de Burela acusa ó Alcalde de falta de previsión para evitar o caos de tráfico sufrido este venres

14-07-17

crucenosasracarmeeijogaray14.07.2017Burela, a 14 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela acusou ó alcalde de ocasionar un caos monumental nas rúas do centro de Burela durante boa parte do día de hoxe, por non ter preparadas alternativas ó tráfico con motivo da Festa Castrexa. O alcalde tamén tén asumidas as competencias en materia de tráfico.
Os populares consideran que “cortar ó tráfico tramos de rúas tan céntricas, Pardo Bazán e Eijo Garay, con tanta dotación de servicios, establecementos comerciales e accesos a garaxes, tén que contar con unha planificación rigurosa, que se tén demostrado que non existía, e de existir era manifestamente millorable”.
Desde o GMP aseguran que “o caos formouse xa a primeiras horas en Rosalía de Castro, Curros Enríquez, e extendeuse a través de Eijo Garay hasta Arcadio Pardiñas. Tanto foi así, que se improvisaron cortes de tráfico nas interseccións Leandro Cucurny/Curros e Travesía do Porto/Avda da Mariña, para impedir acceso de tráfico a Curros Enríquez. Un auténtico desastre, só achacable á vagancia dun alcalde máis preocupado por salir nas fotos que por solucionar problemas”.
Os edís do PP “recibimos ó longo da mañán múltiples queixas de cidadáns que non podían acceder ós seus puntos de destino por non térense perfiladas alternativas; a xente está mui cabreada. Se a esto sumamos que locales de hostalería instalaron terrazas en zonas de calzada reservadas para aparcamento, o que está absolutamente prohibido ainda sendo a Festa Castrexa, temos que concluir que a lei da selva vaise instalando en Burela, ante a pasividade absoluta pero non descoñecida do alcalde e o seu equipo”.
Finalmente, indican que “se o concello colabora realmente coa Festa Castrexa, o primeiro que tén que evitar é que haxa xente que se enfade precisamente por cousas coma esta. En todo caso, xa sabemos que o alcalde achacará o desastre de hoxe á xente que colleu os coches para moverse hoxe por Burela, ó mercado, ós visitantes, e mesmo ó PP. Calquera cousa, menos asumir responsabilidades, por suposto”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive