25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GMP de Burela lamenta que “o presidente de ACIA saia a dar explicacións no lugar do alcalde”

12-07-17

Burela, a 12 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela afirmou hoxe que “as explicacións do presidente de ACIA sobre uso de chaves da Casa do Concello non se axustan para nada ó que aconteceu. Ademáis, temos que lamentar que seña o presidente de ACIA o que dea explicacións polo uso cando menos irregular de chaves da Casa do Concello, cando nós en ningún momento o culpamos a él. Él saberá o porqué do seu comportamento, solamente achacable a un empacho de allos, vendo que o alcalde cala…. Reiteramos que o alcalde é o único responsable e polo tanto quen debe dar explicacións”.
Desde o GMP aclaran que “non queremos entrar en polémica con ACIA, porque a nosa relación con esta asociación sempre foi positiva e sempre tentamos colaborar na medida das nosas posibilidades. Baste decir que contan con local cedido polo concello, e con axuda municipal de 18.000’00€, desde o goberno municipal anterior, do PP, como mui ben sabe o actual presidente. Por eso entendemos que as declaracións do presidente da Acia as fai a título individual, equivocándose tamén na forma na que as fai, invocando o cargo que ocupa”.

“Polo tanto, indican os edís populares, temos que reiterar con rotundidade que as súas declaracións non se axustan á verdade, e él saberá os motivos: abriu e pechou, e entrou e saíu, solo, e por riba usou o Salón de Plenos sen asistir ninguén do equipo de goberno, algo insólito hasta agora. O resto de colectivos teñen que solicitar a antiga biblioteca…. Sen entrar en detalles, este señor, e tamén quen, segundo él, lle deixou as chaves, caerán na conta de que están recoñecendo un feito que choca frontalmente coas formas e coa legalidade, se están autoinculpando de algo que nunca deberían ter feito. A señora que segundo el lle deixou as chaves queda mal, porque debería saber por formación e por profesión que as formas hai que cuidalas, e non é mui estético que digamos que un señor que non é do goberno municipal abra a porta do concello. Chega lembrar aquel dito que fai referencia á muller do César….”.

Para os edís populares, “e reiterando que a él non o culpamos, e que a quen lle pedíamos explicacións era ó alcalde, decirlle a este señor que hai un aforismo xurídico en latín que lle vén como anel ó dedo, ‘excusatio non petita, accusatio manifesta’… A señora que según él lle prestou as chaves, seguro que lle explicará con detenemento e o tempo que faiga falta o significado profundo desta locución latina”.

Finalmente, este señor, presidente de ACIA, debe ter algo contra o PP… Porque “non entendemos como se atreve a decir que ‘o único que está a buscar o grupo popular burelés é confundir á xente con mentiras e intentar crear un clima de crispación entre os veciños de Burela, aínda que de todos é sabido que non é a primeira nin será a última vez’. Sería bon que aclarara se fala por él mesmo, por ACIA, ou se alguien está falando a través del…. As súas declaracións contra o noso partido descalifican ó presidente de ACIA, porque supoñemos que non negará que, sendo él presidente, a asociación, co goberno do PP, recibía a mesma axuda que recibe agora”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive