22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación convida aos Concellos a sumarse a un novo programa de aforro enerxético gratuíto para eles

14-07-17

Lugo 14-7-17. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, adiantou este venres que o Executivo Provincial elaborou un novo programa de aforro enerxético, chamado ILUMIN@, dirixido a todos os Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e totalmente gratuíto para os mesmos. Hoxe mesmo o Presidente, Darío Campos Conde, remitiu unha carta aos 66 municipios aos que vai dirixida esta programación para que se sumen á mesma, explicándolles que o Goberno Provincial quere avanzar co ILUMIN@ na redución aos Concellos dos seus gastos municipais pola luz.

Hai que ter en conta que un municipio de menos de 5.000 habitantes paga unha media de 200.000 euros ao ano. Así mesmo, cómpre destacar que cos anteriores plans neste eido que o Executivo da Deputación levou aos municipios se acadou aforro de ata o 20%.

Co ILUMIN@ os Concellos recibirán unha axuda económica para a compra e instalación de novo equipamento de baixo consumo en dotacións municipais como alumeados públicos, centros sociais, instalacións culturais ou deportivas…O Goberno Provincial distribuirá os fondos nos 66 Concellos en base ao seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal. De sumárense os 66 Concellos, os municipios recibirán un mínimo de 10.500 euros e un máximo de 29.900 euros.

Concorrencia a fondos da Unión Europea
Unha vez coñecida a participación dos Concellos, é dicir, se deciden adherirse ou non; o Goberno da Deputación concorrerá co ILUMIN@ a fondos europeos a través do IDAE (Instituto de Desenvolvementos de Aforro Enerxético), que vén de recibir fondos para este tipo de programacións. O obxectivo é acadar 800.000 euros comunitarios para poñer en marcha unha programación de 1 millón de euros, pois o Executivo Provincial achegará outros 200.000 euros para que o custe ao Concello sexa cero. Deste xeito, o ILUMIN@ estaría financiado nun 80% por fondos Feder e un 20% por fondos provinciais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive