27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno municipal de Cervo pídelle ao BNG máis seriedade á hora de verter informacións que desautorizan neste caso ao Seprona

13-07-17

Cervo, 13 de xullo de 2017.- O Goberno Municipal pídelle ao BNG máis seriedade á hora de difundir informacións erróneas que, neste caso, desacreditan ao propio Sevizo de Protección da Natureza (Seprona); que, tal e como recordou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez, desprazouse ata as inmediacións de Río Cobo logo de que o 112 recibira unha denuncia no pasado mes de xuño alertando dun suposto vertido, que logo de facer unha inspección minuciosa e exhaustiva, foi descartado, e así o recollen e avalan os informes da Garda Civil”.

Méndez recalcou que os axentes supervisaron todo o curso do Río e non detectaron “ningunha anomalía, nin mortaldade de flora e fauna nesta contorna; polo que lle recomendamos ao BNG que respecten o traballo dos axentes da Seprona, neste caso”.

Ademais, a edil de medio ambiente apuntou que dende o Concello, como non podería ser doutro xeito, estamos e estaremos vixiantes ante calquera anomalía que se poida producir, e, neste caso, os técnicos municipais están a facer un seguemento da actividade desta empresa, e “se detectan ou constatan algunha irregularidade ou que está a traballar á marxe das autorizacións que lle foron concedidas polas diferentes Administracións, tomaremos as medidas oportunas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive