22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno municipal recoñece en resposta ao BNG, que a unha empresa executou obras a carón do Río Covo sen contar coas preceptivas licenzas licenzas municipais e autonómicas

13-07-17

Cervo, 13 de xullo de 2017. O BNG – Asembleas Abertas recibiu contestación do goberno municipal sobre as preguntas presentadas fai un mes a tenor duns vertidos realizados por unha empresa que realizaba obras a carón do Rio Covo, na antiga cementeira Prebetóng. O goberno local recoñece que a as referidas obras non contaban naquel momento coas preceptivas licenzas municipais e autonómicas de Augas de Galicia, polo que tanto as obras como evidentemente os vertidos foron ilegais. Desde o BNG piden a máxima dilixencia e contundencia con quen incumpre a lexislación urbanística e medioambiental, mais tendo en conta que esta empresa ten prevista unha actividade industrial a carón do río e antes de empezar xa demostra unha falta de conciencia ambiental evidente.

O BNG esixe dilixencia e contundencia con quen incumpre a lexislación ambiental e urbanística
A formación nacionalista, a través do seu responsábel local, Diego Fernández, “instou ao goberno municipal a actuar con dilixencia e contundencia contra que incumpre a lei urbanística e medioambiental.” O responsábel nacionalista considera que “unha empresa que ten prevista actividade industrial a carón do río debe demostrar moito maior respecto polo ambiente o pola lexislación urbanística, esta demostrou non ter ningún respecto nin por unha nin por outra”.

Diego Fernández, “agarda do goberno municipal e de Augas de Galiza, ás máximas esixencias legais para conceder licenza de actividade industrial a esta empresa xa que os precedentes non a avalan como cumpridora coa lei.”

A empresa responsábel das obras que provocaron vertidos ao Rio Covo non contaba coas preceptvas licenzas municipais e autonómicas.

Segundo a resposta do goberno local, os vertidos realizados no Rio Covo a mediados do pasado mes de xuño non deixaron restos no ecosistema. Si se recoñece a realización de obras por parte dunha empresa que ten previsto iniciar nese espazo actividade industrial de “acopio de biomasa forestal e madeira”, e que esas obras non contaban coas preceptivas licenzas municipais e autonómicas de Augas de Galiza polo que naquel momento tanto as obras como os vertidos foron ilegais. Ante a pregunta do BNG sobre si o concello aplicará sancións, o goberno municipal informa que ten encargado aos servizos técnicos municipais o procedemento a seguir.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive