27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Provincial do PP pregúntalle a Campos cando ten pensado responderlle á Xunta para desbloquear a xestión do consorcio de bombeiros

14-07-17

Lugo, 14 de xullo de 2017.- O Grupo Provincial do PP pregúntalle ao presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, cando ten pensado responderlle á Xunta para desbloquear o modelo de xestión do consorcio de bombeiros, o paso previo que posibilitaría a equiparación salarial co resto de compañeiros doutros parques.

Os populares recórdanlle ao presidente provincial e ao seu voceiro Álvaro Santos que a pasada semana lle foi remitida unha carta por parte do vicepresidente da Xunta para fixar unha reunión na que poder tratar a xestión dos parques.

Na misiva Alfonso Rueda recorda que as Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra manifestaron a súa intención de cambiar o modelo de xestión. Comprometéronse a analizar a viabilidade desta modificación e achegar os documentos e informes técnicos que a avaliasen, pero máis de 18 meses despois nada se sabe desas xestións que corresponden ás institucións provinciais.

Así, desde o PP pídenlle aos socialistas que gobernan na Deputación de Lugo que aclaren cando vai responder á solicitude de reunión que demanda a Xunta e que expliquen cando van entregar o informe que leva pendente máis dun ano e medio. “Lamentamos que Álvaro Santos fale de enredo da Xunta cando son eles os que non fan os deberes. Que non boten balóns fóra cando a pelota está no seu tellado”, engaden os populares.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive