27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O MAR DA TRAXEDIA

13-07-17

suso-fernadezO mar é camiño aberto a tódalas culturas: a través dos tempos navegaron por él señores e vasalos; ricos e pobres;ignorantes e ilustrados; pacíficos e belicosos; santos e piratas; conquistadores e conquistados; amos e escravos…
O mar foi, ó longo da historia, escenario e vieiro das mais contradictorias vivencias e, neste senso, a literatura universal amosa unha infinidade de obras mestras que tiveron no mar, e nas súas mil facetas, o protagonismo.
O mar encerra nas entrañas os mais insospeitados misterios. A inmensidade do océano; a súa profundidade física e estética, dan lugar ás mais fantásticas creacións, e os poetas, sublimes cantores do real, e do imaxinado, atoparon sempre no mar unha das fontes de inspiración mais significadas.
O mar exerce unha engaiolante atracción sobre as almas sensibles e a súa soa contemplación fala de liberdade; de vieiros que levan por camiños infindos e ignorados, ó remate dos que pode atoparse a groria, a fortuna, ou,¡quén sabe!, a traxedia na que tantas veces rematan os soños do home.
A nosa fantasía de adolescentes víase estimulada polos versos daquel poema de Espronceda que os rapaces da nosa quinta recitábamos de memoria:
“Con diez cañones por banda/ viento en popa a toda vela;/ no corta el mar, sino vuela/ un velero bergantín./ Bajel que llaman, por su bravura “El Temido”/en todo el mar conocido, del uno al otro confín…”
Era o mar das ilusións xuvenís; dos anceios adolescentes de aventura; dos soños dos anos dourados; …era a “xuventude, divino tesouro” que cantara Rubén Darío…
Pero o mar, ten a súa cruz. E no seu berce frustráronse, ó longo da historia, infinitos proxectos; remataron incontables ilusións; afundíronse fortunas; truncáronse, en fin,incontables vidas…
As forzas desatadas da natureza; os imprevistos xurdidos nun camiño moitas veces ignorado e, a falta de recursos para reaccionar ante o inesperado, fixo que históricamente o mar,tan engaiolante e tan codiciado,se voltase verdugo despiadado.
As galernas, os naufraxios, e con eles a morte, tinguíu de mouro, e segue a facelo, a vida dos pobos mariñeiros.
Tódolos mares do mundo coñecen da traxedia nas súas augas. Tristes aconteceres que úns quedaron no anonimato e outros, polas circunstancias que os rodearon, permañecen escritos, con rasgos indelebles,na historia negra da Humanidade… Mais, a pesares de tanto drama, o mar manterá o seu engado pois, como dixo o poeta francés Baudelaire, “o home libre sempre amará o mar”…
O vindeiro día 18 cómprense os 72 anos da qe foi a traxedia meirande do mar de Foz: o afundimento do “Xesús Nazareno”, no que pereceran os seus doce tripulantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive