25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os membros da Ponte Literaria organizan un novo encontro de escritores para o xoves 20 de xullo no Alfoz

12-07-17

PL 2016Alfoz 12-7-17. Aínda non se acabou de artellar a primeira cita literaria do verao nas terras do río Douro, mais os iniciadores da Ponte Literaria xa fixaron a data e o lugar: Será o xoves 20 á tarde, na Ponte Nova de Vilaúde (Mor, Alfoz).
Como cada verao desde 2015, Isaac Ferreira, Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Lionel Rexes convocan narradores, poetas, dramaturgos e articulistas para que dean lectura pública aos seus textos, sempre a carón dunha ponte, e sempre nalgún lugar da comarca do Valadouro.
Calquera autor, lector ou persoa interesada na actividade, pode apuntarse ou demandar información no 600378363 (tamén whatsapp).

Lecturas de 15 minutos como máximo
Cada lectura non deberá exceder dos 15 minutos e os textos deberán ser de autoría propia.
Tras o tempo adicado ás lecturas, terá lugar un debate literario centrado nas obras que cada participante leu en público.

Doazón espontánea
É costume que os asistentes aproveiten a ocasión para se desfacer de todos aqueles libros que xa non desexan conservar, deste xeito, outras persoas que participen na Ponte Literaria poderán conseguir exemplares que descoñecían ou que nunca leran. Trátase, en definitiva, dunha doazón espontánea de libros.

Nos últimos días, e aínda sen ter completado a convocatoria, xa confirmaron a súa asistencia varias persoas vinculadas á literatura.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive