22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os veciños de Muras terán en Vilalba as oficinas de referencia da xunta para xestións tanto de medio rural como de medio ambiente

14-07-17

Muras (Lugo), 14 de xullo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que a partir de mañá, 15 de xullo, o concello de Muras pasará a formar parte do Distrito Ambiental X da Terra Chá, e polo tanto pasa a pertencer á demarcación de Vilalba.

O delegado explicou que esta decisión adoptouse “por operatividade e para maior comodidade dos veciños e veciñas de Muras, que ata o de agora tiñan que trasladarse a Viveiro para realizar xestións de medio ambiente, como as que teñen que ver co Servizo de Conservación da Natureza, e a Vilalba para os trámites con Medio Rural”.

Así, os veciños de Muras estaban adscritos á Oficina Agraria Comarcal de Vilalba, da Consellería do Medio Rural, pero no que atinxe á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estaban adscritos ao Distrito Ambiental VI da Mariña, e dirixíanse ás dependencias situadas en Landrove (Viveiro).

Balseiro engadiu que se reordenaron os Distritos Ambientais dependentes do Servizo de Conservación da Natureza para facer posible este cambio, “que consideramos beneficioso para Muras, dado que os veciños poderán aforrar tempo e custos de desprazamento para completar os trámites coa Xunta”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive