22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

XA VAN MOITAS

17-07-17

jc-pineiro-docampoMorriña, saudade, afouteza … está claro que a nosa lingua expresa sentimento. Un sentimento que enraíza na Terra e que sae de todos nos, un sentimento de pertenza a algo máis grade, quizais forxado nas casas comúns castrexas, quen sabe, está no noso ADN. A fachenda de ser de Galicia está, xa que logo, dentro de todos nos.
Ilusión, cambio, ruptura, nova política … foi unha baza na que moita xente acreditou, cando algúns sabíamos que todo estaba inventado. Pero os listos xogaron con esa mensaxe, case con éxito.
En Galicia pretenderon mesturar o sentimento coa mensaxe de laboratorio da Complutense, e así pretenderon vender un produto con un nome bonito: En Marea.
TRABUCÁRONSE, e aínda están como a NASA buscando no “espazo”, non saben, meus pobres, que o espazo é baleiro. Máis xa van moitas as veces que se utiliza a Galicia para facer experimentos políticos que logo se aplican noutro lugar. É hora de parar é hora de dar a Galicia DIGNIDADE, e non se vai a dar falando de: espazo, ruptura, confluencia, proceso …
Pero estamos diante dun problema, a xente que precisaba de ilusión foi enganada, a xente que precisaba de País foi enganada, a xente que precisaba de defensa tamén foi enganada. Galicia non precisa dun proxecto endogámico que leva máis dun ano falando de si mesmo. A nosa Terra precisa de mulleres e homes con fachenda, con forza e con sentimento para erguela, para darlle dignidade e para facer valer o peso de máis de 2.718.525 corazóns que se senten galegos, que senten Galicia e que queren vivir nesta Terra con dignidade. Sentimento que non precisa ser “confederal”, se non real e forte.
Parece que as caretas caeron, o panorama despexa, os que xogaron coa ilusión xa se ve agora que son cativos de corazón, tanto que se suban o soldo, tanto que incluso fallaron ó seu lema de mudalo todo, para ser a peor expresión da rancia política.
Queda libre un camiño para un compromiso real con Galicia, é a hora dos auténticos galeguistas, os que están cando teñen que estar os que acreditan de Galicia como potencia, como realidade e como País, con sentidiño e sen teimas e roturas, construíndo e sumando sen muros.

Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive