23 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Arranca a pretempada para as laranxas

11-08-17

pretempada17Burela 11-8-17. O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División RFEF deu comezo esta tarde á pretempada coa primeira xuntanza en Vista Alegre. Xunto ás gardametas Jozi e Ana Romero, Bea Mateos, Dany e Lara tamén participaron na xornada inaugural as prometedoras Judith e Sofía, que seguirán medrando nun proxecto que aposta pola solidez, experiencia e continuísmo, mellorado con incorporacións internacionais. Unha delas, a portuguesa Sara Correia, xa puido coñecer as súas novas compañeiras; tamén recalou na Mariña hoxe, a ucraína Julia Forsiuk, á espera de documentación para a formalización da contratación.

Cilene, aínda no Brasil, incorporarase ao traballo do cadro laranxa nos vindeiros días. A próxima semana, o Pescados Rubén tamén recibirá a visita de 6 xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF para achegarse á dinámica de pretempada.

Despedidas

Xunto a Silvia Rubal e Shiori, tamén se despiden do equipo para 2017-18 a ribadense Elvira López, que defenderá a camisola da Fervenza a vindeira tempada, e a cervense Paula Cortiñas, ás que a Familia Laranxa lles desexa fortuna nos seus novos proxectos.

Axenda

O 2º Torneo Internacional de Futsal Feminino Cidade de Viana do Castelo levará o Pescados Rubén Burela FS a Portugal os días 25 e 26 de agosto xunto aos lusos Sport Lisboa e Benfica e Santa Luzia Futebol Clube, o holandés VV Pernis e o irmandiño Poio Pescamar.

O conxunto laranxa está ultimando detalles para completar a pretempada con outros dous amigables con rivais galegos e para datar os primeiros compromisos da Copa Galicia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive