19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Continúan no Eido Dourado en Barreiros, os laboratorios creativos que está a impartir durante este verán Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica.

10-08-17

100817 Foto laboratorios creativos 2Os obradoiros están a ter un grande éxito entre os máis pequenos da casa que pasan unha hora, de sete a oito da tarde, empapándose de arte nese espazo a carón da praia da Pasada. Os laboratorios creativos rematarán o vindeiro 16 de agosto. Este é o segundo ano no que se están a celebrar. Lucía Vila comenta que “están a funcionar cada vez mellor, de feito este verán tiveron moita demanda. Estamos moi content@s”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive