Intervirán representantes do Concello de Ribadeo, da Asociación Amadores da música e da banda.
Compartirase un intre de calma e aprendizaxe. O custo é de 50€. Inclúe materiais, e os participantes leverán as súas pinturas en papel de arroz seladas. Info e inscricións: 659362692
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este mércores pola tarde en Muimenta na presentación da XXXIII Festa da Filloa xunto ao xerente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez. Unha cita, á que a institución destina 3.000€, que volverá exaltar este produto típico o vindeiro mércores, 1 de maio, no recinto feiral Manuel Vila.
Conmemoraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas personalizados e a rexedora agasallou ás crianzas con diferentes exemplares "animándoos a practicar a lectura a diario, xa que é algo fundamental para o desenvolvemento persoal desde as idades máis novas"
Será este domingo, 28 de abril, con saída ás 11.30 desde o Concello.
A sesión, impartida pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e a Psicóloga, Sonia Pigueiras, enfocada á Saúde Mental, resultou moi interesante e motivadora. O martes 21 de maio teremos unha nova cita, ás 18:30 horas, de novo no local da asociación Terramar.
Esta actividade, na súa segunda edición, centrarase no desenvolvemento das habilidades sociais e comunicativas en alumnos con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Así, ofreceranse estratexias para traballar estas habilidades enfocadas no alumnado con TEA, proporcionado novas formas de elaboración de materiais e actividades adaptados e individualizados. Será impartido por Mª Inés Flores Lozano, educadora social, técnico especialista en integración social, familiar, educativa e laboral (persoas con discapacidade) e presidenta Asociación Raiolas Lugo. Realizarase online, en directo ou en diferido, do 6 ao 9 de maio, en horario de 16:00 a 18:30. Máis información e matrícula: https://extension.uned.es/actividad/36661&codigo=LTDEA
O equipo alevín mixto do colexio Martínez Otero, de Foz, acadou o primeiro posto. Os resultados das diferentes rondas foron: 4-0, 2-2 e 4-0.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital