20 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

EU TAMÉN SON FEMINISTA

12-08-17

otero_regalO feminismo, que sempre é de fronteira, pelexa e loita por conseguir igual consideración legal, material e social para os homes e para as mulleres, e cando xa parecía que todo fluía a favor de conseguilo, chegou a perversión do obxectivo. As mulleres incorporánse ao traballo remunerado engadido ao da familia, marido, pais, fillos e ampla parentela, pero compensoulles saír do illamento e abandonar o soño culpable do príncipe azul.

Outro logro de igual categoría foi a liberdade sexual sen temor a derivar en consecuencias non programadas. Pero, que as mulleres, sempre obedientes e subxugadas, puidésen dispoñer do diñeiro gañado e do propio corpo foi o colmo da confusión para os machos educados no secular ordeno e mando patriarcal. Carnet de conducir, coche propio, independencia económica, liberdade de movementos e de elección de parella. O divorcio, ah, o divorcio, vaia puñalada trapera para os irredentos maltratadores, para os dominantes e esclavizadores, acabóuselles a festa.

Por fin, o aborto, a liberdade para decidir ter ou non fillos, cando e con quen. Iso provocou a máis furiosa indignación dos curas e purpurados, das monxas, das vellas, dos meapilas, dos da adoración nocturna, en fin, de todos aqueles que non podían ou non lles estaba permitido telos, ou ben, dos e as conservadores-as que, en caso de infortunio e embarazo inconvenente, co seu diñeiro levan á nena de vacacións para desembarazarse.

Pero a cuestión da responsabilidade dos fillos aínda está por resolver. A dedicación material e afectiva cotiá, as renuncias á propia vida persoal, profesional, de lecer, etc. segue aloxada sobre as mesmas costas. Para as triunfadoras é unha decisión moi difícil. Eles gañaron coa liberación feminina, poden dicir que non se casan, non adquiren compromisos, ou as poñen á firma unha separación de bens, así van facendo o seu patrimonio unipersonal mentres elas merman o seu crecemento profesional parindo, criando, educando e atendendo á prole común. E esto dio un home fillo, neto e bisneto de matriarcas…quizás por eso sempre recordó ser e exercer de faminista con carallo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive