16 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación colabora co Tentacle Summer Fest que se celebra na ría de Foz, que espera 1.300 persoas

08-08-17

tentacle-presentacion fozLugo, 8 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o produtor KiKo López, presentaron este martes en Foz, o Tentacle Summer Fest 2017, o festival de música house que terá lugar os días 18 e 19 agosto nesta vila lucense. O Goberno da Deputación contribúe ao financiamento deste evento musical, na produción do mesmo.

García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por estas iniciativas que contribúen a dinamizar as nosas nas vilas, sendo un importante revulsivo económico e turístico para a Mariña, pois esperase preto de 1.300 visitantes para asistir a esta nova edición. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a todos os veciños, programacións musicais de todo tipo de xéneros, como o Ressurrection Fest, o Festival de Blues, o Lugo Ágora Son ou o MusicAD, estimulando e activando a vida dos nosos municipios”.

Avanzou ademais que o organismo provincial colabora con outras iniciativas musicais da vila de Foz como o festival “Coa nosa fala”, que se acaba de celebrar, e que foi un éxito rotundo, ou o certame de Voces Xóvenes. “Estas actividades contribúen a promocionar a nosa lingua, a nosa cultura, e ao mesmo tempo dinamiza a axenda cultural e festiva deste Concello, onde nesta época é visitado por milleiros de visitantes”, resumiu.

Javier Castiñeira agradeceu a implicación da Deputación neste evento, e convidou a todos os visitantes a achegarse a Foz, “para desfrutar da musica house, e ao mesmo tempo visitar as nosas praias, degustar a nosa gastronomía, e tamén coñecer de preto o noso rico patrimonio natural e cultural”. Sinalou que o entorno onde se celebra este evento, a ría de Foz “é un espazo privilexiado, onde ademais de gozar da música, pode contemplarse ás vistas ao mar, o que o converte a este festival nunha experiencia única”.

Venta anticipada de entradas a 12 euros
Kiko López avanzou que as entradas poden mercarse por internet, ou nos locais Mustage ou Longarela Moda a 12 euros. Tamén poden adquirirse en taquilla por 15 euros, ou o mesmo día do concerto.

Programación e Masterclass
O Tentacle Summer Fest 2017, comezará o venres día 18 de agosto con charlas, ponencias técnicas e proxeccións da man de Nacho Marco, Ernie Minuendo e Dr. Think.
Nesta masterclass sobre produción, Nacho Marco, diseccionará o seu traballo realizado para Ovum Recordings “Warm Trax Vol.2″. O sábado día 19 de agosto o festival arrancará ás 12:00 horas coa participación de once DJs do panorama nacional e internacional. As actuación serán as seguintes; El_txef_a, Nacho Marco, Ernie Minuendo, Abu Sou, Grobas, Certain People, Vitor P, Dial Combo, Old School House Bastards,Tropicvl Bxyz e Nari&Dicarmita.

Ampla representación galega
Nesta edición participan unha boa representación da escena galaica encabezados por Dial Combo, que presentasan a You_o, Mou e Psychodandy, verdadeiros axitadores do underground ourensano; a formación Old School House Bastards realizando un novidoso directo; os inclasificables e divertidos Tropicvl Bxyz que trasladan a tolemia das súas noites Tropical desde a súa natal Lugo á sesión vermú, e a dupla focense Nari&diCarmita, e o veterano mindoniense Vítor P.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive