23 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Mercado Medieval de Mondoñedo celebra outra edición co apoio da Deputación, principal impulsora con 32.000 euros

12-08-17

2017-08-12-PHOTO-00000081Lugo, 12 de agosto de 2017. A Deputada de Economía, Maya García asistiu, xunto con outras autoridades, a inauguración da XXVI Edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebra durante esta fin de semana nesta cidade lucense, convertelo nun dos máis antigos da provincia, e que cada ano atrae a miles de visitantes. Nesta nova edición hai programadas máis de 70 actividades, que se desenvolven polas rúas céntricas de Mondoñedo.

Mayra García remarcou que “o Goberno da Deputación é o principal impulsor deste evento, pois realiza unha achega económica de 32.000 euros para a organización da cita, así como cunha exposición de artesanía”. A Deputada destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo de promover eventos lúdico-festivos de atractivo para a provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.

Programación
O Mercado Medieval de Mondoñedo celebrarase a segunda fin de semana de agosto, concretamente os días 11, 12 e 13 de agosto. O sábado 12, haberá pregón, demostración de produtos artesanais, exhibicións de cetrería, títeres, espectáculos de lume, concerto medieval, cabaleiros medievais polas rúas, bufóns, verdugos, gran torneo medieval, e como cada ano, degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa. Esta xornada pechará coa tradicional gran cea na Praza da Catedral, que ten un custe de 12 euros.

O domingo 13 haberá, entre outros, exhibicións de tiro con arco, cetrería e a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella, ás 13:30 horas. Xa a partir das 20:00 horas disputarase un gran torneo medieval no Campo de fútbol de Santa Catalina, e pola noite ás 23:00 horas pechase esta edición coa actuación de bruxo Queiman e a voz da Andrea Pousa, cun espectáculo de luz na praza da Catedral.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive