11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP denuncia a situación de abandono na que o Concello de Ribadeo ten as áreas recreativas de A Devesa e Remourelle

07-08-17

070817 FOTO PP RIBADEO ÁREA RECREATIVA REMOURELLERibadeo, 7 de agosto de 2017. O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo denuncia a mala situación na que se atopan as áreas recreativas de A Devesa e Remourelle, totalmente tapadas pola herba e que non se poden utilizar. Os populares critican esta situación, a pesar de que o Concello ten dúas desbrozadoras máis, e din que son novos exemplos da deixadez do equipo de goberno.
O portavoz do PP no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad, manifestou hoxe: “desde o Partido Popular queremos denunciar a situación na que se atopan dúas áreas recreativas na zona rural de Ribadeo: a de Santa Eulalia de A Devesa e a de Remourelle. Estarán esperando ás festas ou non sei a razón, pero atopámonos en pleno mes de agosto e nestas áreas recreativas os bancos e os sitios onde se fai o churrasco están tapados pola herba. Están totalmente impracticables”.
Para o portavoz dos populares no Concello ribadense “parece mentira que este ano precisamente con dúas desbrozadoras máis que ten o Concello de Ribadeo, por certo que foron subvencionadas pola Xunta de Galicia, non sabemos onde Vicente Castro anda pasándoas. Farán o seu traballo, ninguén o dubida, pero nestas áreas recreativas brillan pola súa ausencia”.
López Penabad tamén denuncia que “na área recreativa de Rinlo pasou a desbrozadora, pero non chega nin as mesas ni nos bancos. Ven aí a Festa do Percebe de Rinlo e supoño que pasarán por alí con desbrozadoras manuais a adecentar aquilo un pouco. A verdade é que é lamentable. É triste porque cantos máis medios teñen a situación está peor. É criticable pola nosa parte, sobre todo pola deixadez, que é a tónica que está collendo este equipo de goberno, de pasotismo na atención aos seus deberes, como é adecentar a Ribadeo, un pobo turístico do que presumimos e hai que telo nunhas condicións decentes. Hai lugares de esparexemento e de recreo totalmente impracticables a pesar dos medios que neste ano teñen”.
O portavoz do PP ribadense pídelle ao equipo de goberno que “por favor actúen e fagan o seu traballo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive