Burela 15-8-17. Pasado o ecuador do mandato e analizando polo miúdo a xestión de goberno, con maioría absoluta, temos claro que o camiño do Alcalde, por dignidade política ten que ser a dimisión. As promesas e os programas dos políticos teñen que ser un contrato coa cidadanía, cando non cumpres o contrato en calquera lado supón un cese. A continuación poñemos exemplos claros da falla de palabra do rexedor de Burela no que vai de mandato:
Dragado do encoro de Rúa, abaratamento da auga: MENTIRA.
Municipalización de Servizos da agua e do lixo: MENTIRA e privatización doutros servizo
municipais.
Turismo mariñeiro: MENTIRA.
Plan de emprego: 0,03 € por parado de inversión.
Pasarela nas praias. MENTIRA.
Padroado municipal de deportes: MENTIRA.
Revisión do PXOM: MENTIRA.
Nova EDAR: MENTIRA.
Solo industrial: MENTIRA.
Bono social municipal: MENTIRA.
Construír pavillón: MENTIRA.
Local de ensaios para grupos: MENTIRA.
Diante da inoperancia do equipo de goberno do PSOE, quizais sexa convinte cambiar ó responsable máximo no Concello, Burela está perdendo peso e forza para ser un referente na Mariña.
Aumentan os servizos externos no Concello, privatizando, e non se avanza en artellar políticas que activen a economía de Futuro para o noso pobo. Por ben á política é mellor que o Señor Llano dimita.