16 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Un grupo de usuarios de Camiña visitaron a praia das Catedrais guiados e acompañados por técnicos sanitarios e persoal do equipo de socorrismo do Concello de Ribadeo

11-08-17

110817 Foto Camiña Catedrais 1Ribadeo, 11 de agosto de 2017. Tres técnicos sanitarios e persoal do equipo de socorrismo do Concello ribadense acompañaron a usuarios da asociación Camiña na visita que realizaron durante un par de horas á praia das Catedrais.
Segundo explicou a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, “ensináronlles os recunchos, as covas e os arcos, e explicáronlles tamén en qué consiste o seu traballo. Foron un grupo de 16 persoas incluídos os acompañantes, os cales quedaron gratamente sorprendidos e agradecidos coa organización e atención en todo momento”.
A edil nacionalista contou que “os participantes nesta actividade preguntáronme onde conseguimos sacar xente así, xa que non era moi habitual encontrarse con este nivel de profesionalidade e dedicación”. Foi o persoal de socorrismo o encargado de xestionar os pases para que os usuarios de Camiño accedesen á praia das Catedrais.
A concelleira ribadense quixo destacar “o orgullo de contar cun equipo de profesionais, que a pesar de contar con menos persoal que o ano pasado, tendo tanto ou mais traballo, son capaces de organizar e levar a cabo actividades mais aló das súas obrigas laborais”.
Paz Ermida engadiu que “a actividade pretende combinar a educación ambiental coa integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional. Para o seu desenvolvemento téñense en conta as condicións meteorolóxicas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive