24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Concentracións no hospital da Costa e en tódolos centros contra a reforma da lei de saúde

13-09-17

Hospital 13setembro17Burela a 13 de setembro de 2017. Hoxe, o Órgano de máxima representación da Área Sanitaria da Mariña, A XUNTA DE PERSOAL, celebrou concentracións en tódolos centros sanitarios da Comarca para novamente ESIXIR a RETIRADA do anteproxecto de Lei que pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria e RECLAMAN a capacidade de xestionar dende a Comarca tanto os centros de saúde como o hospital Mariñán para deste xeito, ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade.
A modificación da Lei de saúde o que prentende é legalizar a mobilidade de profesionais cara o Hula e centralizar no gran Hospital as intervencións cirurxicas e as probas diagnosticas.
Rechazan enerxicamente pertencer a Área Sanitaria de Lugo, xa que iso significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos da cidadanía da Mariña cara LUGO.
A Mariña precisa ser un Área Propia con decisión propia tal e como o é a Comarca do Ferrol, sentenzan.
CONFISCACIÓN DA PANCARTA
Explicaron entre os asistentes o acontecido coa confiscación da pancarta que definen como un acto de represión sen precedentes na historia do Hospital da Costa e na de todo o SERGAS e aseguraron que a pancarta non se vai mover do seu sitio ata que retiren a modificación de dita Lei.

XUNTANZA COA CONCELLEIRA DE ASUNTOS SOCIOSANITARIOS E O ALCALDE DE RIBADEO
Transmitiron as e os participantes o contido das conversas mantidas coa concelleira de asuntos sociais mais co alcalde de Ribadeo, onde se lles informou das consecuencias que ía ter a modificación da lei como que:
Legalizan a mobilidade forzosa de profesionais da sanidade da Mariña cara Lugo
Centralizan no HULA actividades asistenciais que se viñan asumindo no Hospital da Costa como operacións cirúrxicas, probas diagnósticas……, cargando sobre a cidadanía da Mariña, gastos innecesarios como desprazamentos, estancia, dietas…
As obras tan so amplían espazo físico, pero non se aumenta nin a carteira de servizos nin o cadro de profesionais polo que a consideramos unha remodelación e non unha ampliación, e que gran parte das mesmas van destinadas a un aparcadoiro, previsiblemente de pago, tal e como fixeron no HULA e no Alvaro Cunqueiro.
Non contempla un espazo para a tan necesaria resonancia magnética nin para un ortopantógrafo ou densitometría ósea, non aumenta a zona cirúrxica ( para que se nos van derivar a Lugo) nin crece a UCI, que nos últimos anos se atopa saturada de pacientes, tendo en ocasións que habilitar Habitacións-Ucis polas plantas.
O servizo de Oncoloxía foi creado en precario e en precario segue, sen a tan necesaria enfermeira de educación sanitaria e con médicos que tódolos días teñen que desprazarse dende Lugo. Queremos un servizo de Oncoloxía con médicos contratados na Mariña, que vivan na Mariña e a creación da consulta de enfermeira oncolóxica.
Tamén falamos do desmantelamento dos centros de saúde que son dirixidos dende Lugo e nos que non se cobren as ausencias de médicos, enfermeiras, persoal administrativo e nos que dende 2013, amortizaron prazas de tódalas categorías sen ningún rubor.

DESMANTELAMENTO E CENTRALIZACIÓN DA SANIDADE.
O órgano de representación das traballadoras e traballadores entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.
ÁREA SANITARIA PROPIA
A Xunta de Persoal incide ademais na necesidade de que A Mariña sexa un área sanitaria propia, sen depender de Lugo como ocorre na actualidade, que xestione os recursos humanos, materiais, de infraestruturas e coordine a atención especializada coa atención primaria.
Unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral “que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive