Foz 20-9-17. A asociación cultura A Pomba do Arco retoma a súa actividade de dar a coñecer os valores ambientais e patrimoniais do concello de Foz organizando estas dúas actividades.
Conferencia. O patrimonio agochado de Foz. (Xoves 28 ás 20:30 no CENIMA)
O xoves 28 de setembro ás 20:30 Manuel Miranda Ruiz, presidente da asociación Mariña Patrimonio, imparte unha conferencia sobre o patrimonio focego, con especial referencia a aqueles lugares de valor histórico e paisaxístico existentes no concello, actualmente descoñecidos.
Roteiro (Sábado 30 ás 16:30)
O sábado 30 nunha visita guiada por Manuel Miranda visitaremos o castro e o porto de Fazouro, a fortaleza da Frouseira, o Cano dos Mouros en san Mariño e a Furada da Serpe en Santa Cilia. O número de praza para o roteiro é limitado tendo que inscribirse aqueles que desexen participar no mesmo a máis tardar o xoves 28, chamando ao telefone 608.555.010 ou escribindo ao email apombadoarco@gmail.com.