Este luns usuarios da Fundación Eu Son participaron nun xogo programado pola Delegación de Medio Ambiente denominado Xogo xigante da Mobilidade. Os rapaces aprenderon a desprazarse de xeito seguro cando son peatóns ou ciclistas. As monitoras de Gaia explican que “o xogo consistía nunha lona con diferentes casillas, e cada unha delas tiña unha pregunta relacionada coas normas de circulación, o equipo que chegaba antes á meta era o gañador, e polo tanto, era o que ten máis coñecementos sobre seguridade vial”. O martes a Semana da Mobilidade seguirá con Andando ao Colexio cos alumnos de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre; Asfalrelatos con Stop Accidentes, con 4º da ESO dos IES Monte Castelo e Perdouro; e pola tarde co circuíto de educación vial de 17:30 a 19:30 na Praza do Concello.