20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este martes 12 de setembro, ás 12 da noite remata o prazo de inscrición na IV media maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro sábado

11-09-17

Media Maratón Ribadeo As CatedraisAta o momento son 714 os inscritos, que poderán retirar os seus chips e dorsais esa xornada entre as 11:15 e as 13:15 horas pola mañá e de 15 a 17 horas no Concello. Desde a organización lembran que estarán a disposición dos participantes os vestiarios do pavillón polideportivo municipal, sito na avenida de Luarca, tanto para cambiarse antes da proba como para ducharse unha vez rematada. Ademais haberá autobuses cada quince minutos para trasladar aos atletas antes da Media Maratón desde a praia das Catedrais ata o Concello. Será entre as 15 e as 16:45 horas. Así como recollida e traslado de mochilas de corredores desde o Concello ata As Catedrais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive