24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde en funcións, Ramiro Fernández Rey, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, asistiron no Parlamento de Galicia á resposta dada polo presidente do executivo galego a unha pregunta plantexada polo PSOE sobre a nova lei de saúde de Galicia

13-09-17

130917 Foto Ramiro e Patricia no ParlamentoBurela 13-9-17. O rexedor explicou que “quixemos asistir a este acto en representación dos veciños e das veciñas de Burela. Non nos gustou nada o que alí escoitamos, xa que non se van ampliar servizos no Hospital da Costa. Soubemos tamén que haberá mobilidade voluntaria para os facultativos deste centro, que poderían ser trasladado a Lugo ou mesmo a Monforte e estamos moi preocupados por todo isto”. O edil socialista engadiu que “seguiremos a apoiar desde Burela todas as iniciativas que se leven adiante en contra da nova lei de saúde de Galicia e apostaremos pola área sanitaria propia da Mariña. Nós non queremos nin podemos depender de Lugo, estamos a moita distancia e iso non é bó nin para a sanidade pública nin para os seus usuarios”.
Fernández Rey e Patricia Otero subliñaron “a numerosa poboación á que atende o Hospital da Costa, somos uns 80.000 habitantes durante todo o ano, aos que se engaden os milleiros de persoas que pasan as súas vacacións de verán e de semana santa nesta comarca. Todo isto debería terse en conta, así como o que supón esta comarca para o PIB da provincia de Lugo”. Os concelleiros bureleses engadiron que “non podemos permitir baixo ningún concepto que o Hospital da Costa se converta nunha mera sucursal do HULA. Aquí necesitamos medios humanos e materiais para atender en condicións á nosa poboación, á de Burela e á da comarca da Mariña”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive