21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo e Augas de Galicia estudan alternativas para levar o antes posible auga da traída ao Burgo de Trasbar

12-09-17

120917 Alternativas traída de auga en TrasbarCervo, 12 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo e o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, están a estudar alternativas para levar, o antes posible, auga da traída ao Burgo de Trasbar que, tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, “é o único lugar do noso Concello que non conta con este servizo público a día de hoxe; e levamos xa tempo traballando conxuntamente para axilizar a posta en marcha desta prestación”.
Deste xeito, o alcalde, acompañado do edil de Medio Rural, Plácido Pérez, da de medio ambiente, Manuela Méndez, e de varios técnicos especialistas desprazáronse esta mañá ata esa zona para buscar in situ a forma máis axeitada “para abastecer de auga pública aos veciños de Trasbar”.
O rexedor sinalou que entre as fórmulas que se barallan contemplamos “utilizar as instalacións existentes xestionadas polo Consorcio de Augas Cervo-Burela, a través do bombeo desta auga; ou ben facer unha nova captación de auga no val para fornecer á veciñanza deste servizo”.
Villares engadiu que “dende o Concello de Cervo estamos a traballar para axilizar na medida do posible todo o proceso e, en todo caso, a previsión é ter nas nosas mans como moi tarde a comezos de ano a solución definitiva, para logo redactar o proxecto das obras; para que o servizo poida ser unha realidade ao longo do 2018”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive