21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro rematan a tempada obtendo 2 ouros , 2 pratas e 1 bronce, no campeonato galego de media maraton

12-09-17

2017-09-12-PHOTO-00000167Viveiro 12-9-17. O pasado domingo celebrouse no concello de Riveira, o XXVII Campeonato Galego de Media Maratón, nun circuíto homologado de 21097 metros.
A proba de ruta, cunha participación de preto de 400 atletas, discurreu desde a población de Aguiño, a carón da costa ata Riveira, donde os atletas tiveron que dar duas voltas a un circuíto con constantes tobogáns que incrementaron a dureza da proba, o tempo respetou a os atletas, non chovendo nin facendo moita calor.
No apartado de metais acadado polos atletas do Egovarros-Viveiro, foron o ouro de Manuela Guisasola en W55, a prata de Susana Parguiña en W50 e o bronce de Silvia Diez en W40, os seus compañeiros de clube: Antonio Cabana que se fixo co campeonato galego en M75 e en M55 Eliseo López, colgouse a medalla de prata, con esta proba, remata a tempada oficial da Federación Galega e Española de Atletismo.
Os dirixentes do Egovarros-Viveiro xa están mirando a renovación de atletas cara a vindeira tempada, 2018.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive