21 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Preto de 70 negocios galegos contarán cun xestor de redes sociais co apoio da Xunta e a federación galega de comercio

13-09-17

20170913SolVazquezSocialCommerceLugo, 13 de setembro de 2017.- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, mantiveron hoxe un encontro cos seis xestores de redes sociais que van prestar servizo a preto de 70 negocios galegos no marco do programa de social commerce que desenvolven a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a asociación de comerciantes.

Este programa, que se pon en marcha dentro do convenio de colaboración entre ambas entidades, diríxese fundamentalmente a afianzar o éxito dos comercios galegos no eido das novas tecnoloxías, fixando obxectivos empresariais e compartindo experiencias, novas fórmulas de promoción e comercialización, recursos e tendencias para mellorar a súa competitividade.

Con esta iniciativa, achégase ademais unha oportunidade laboral a seis mozos e mozas desempregados que previamente se formaron nun curso de márketing online-community manager dirixido ao sector comercial impartido pola Xunta no Centro das Novas Tecnoloxías de Galicia.

Os comercios foron seleccionados a través da convocatoria de axudas para a modernización do comercio galego, e enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive