24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Volve a emoción

11-09-17

bfs-directiva1718Burela 11-9-17. Comeza a semana máis esperada. Este non é un luns calquera. É o inicio da conta atrás para escribir unha nova tempada de soños e ilusións.

Vista Alegre abrirá a liga de Primeira RFEF o sábado ás 18.30 horas coa visita do Majadahonda FSF Afar 4. Tan só 15 minutos antes o cadro de Juanma Marrube estreará a competición de Segunda LNFS na pista do FS Valdepeñas.

Carnés xa dispoñibles
Os socios/as laranxas poden recoller o seu carné 2017-18, cun 10% de desconto no servizo de Wellness do Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo); tamén poderán facelo en Vista Alegre este sábado, coincidindo coa 1ª xornada de Primeira RFEF.
Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas
Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
PRIMEIRO PASO EN COPA GALICIA
Antes de internarse na aventura ligueira, os laranxas estrearanse en competición oficial mañá, con oitavos de Copa Galicia; mediranse ao Santa Isabel –de Autonónimica-, en Outeiro de Rei (21.00 horas), que se impuxo na primeira eliminatoria ao CP Casás (5-1).
“É o noso primeiro patido oficial; mediremonos a un rival de categoría inferior pero non por iso nos debemos confiar porque sairá coas ganas e ilusión de facer as cousas ben e sorprendernos e nós temos que demostrar a nosa condición e non conceder regalos” explicaba o meta Álex, no comezo da que será a súa terceira tempada de laranxa, amosando tamén a súa emoción polo incipiente inicio de liga: “Tivemos unha pretempada bastante dura a nivel físico, con Mera, e con moito traballo táctico, coas ideas de Juanma. Agora comeza o serio; temos moitas ganas de empezar e de que os resultados nos vaian acompañando para seguir medrando” aseguraba o 13 burelista.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive