22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A APEHL organiza talleres de inglés básico para os socios en Foz e en Sarria

10-10-17

Lugo 10-10-17. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) impartirá a vindeira semana, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, dúas accións formativas de inglés básico orientado ao sector turístico nos concellos de Foz e de Sarria.
En ambas localidades, os talleres comezarán o vindeiro luns 16 de outubro. O curso en Foz terá lugar ata o día 26 e celebrarase no restaurante Xoyma con 4 sesións semanais de luns a xoves en horario de 17:00 a 18:30 horas. Pola contra, en Sarria, as clases impartiranse ata o 25 de outubro no hotel Alfonso IX, de luns a mércores de 17:00 a 19:00 horas.
Ademais de aprender a desenvolverse en inglés en diferentes situacións propias da hostalería, todos os asistentes poderán incorporarse á guía Galicia Friendly (English spoken) que terá difusión tanto en medios locais e provinciais como en redes sociais.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Para máis información contactar coa APEHL na súa sede central ou no teléfono 982 226 912.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive