22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Consellería de Cultura e educación destina preto de 42.000 euros a mellorar os equipamentos culturais de sete concellos da Mariña

10-10-17

Lugo, 10 de outubro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinou 41.837 euros a equipamentos e melloras das instalacións dos locais culturais propiedade de sete concellos da Mariña que o solicitaron ao abeiro do programa de axudas autonómico.

Entre as actuacións apoiadas polas subvencións da Xunta figuran desde iniciativas de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas a, no ámbito dos equipamentos, o financiamento de equipos de iluminación e son, escénicos, introdución de tecnoloxías audiovisuais e equipos informáticos.

Recibiron achegas para este tipo de actuacións os concellos de Burela, Viveiro, Ourol, O Vicedo, Alfoz e O Valadouro. As subvencións tamén permiten mellorar as bibliotecas municipais, como é o caso do concello de Xove.

O delegado territorial da Xunta explicou que estas subvencións do Goberno galego, que responden a unha convocatoria de axudas en concorrencia competitiva, permiten apoiar os esforzos que distintos concellos realizan para mellorar as condicións técnicas dos seus locais culturais e tamén fan posible abrir estas instalacións a novos campos culturais que precisan do uso das novas tecnoloxías.

Balseiro subliñou que se trata “dunha clara aposta pola cultura, que debe ser ante todo participativa e universal, e os municipios precisan de instalacións axeitadas para dar cabida a manifestacións culturais de diferentes formatos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive