22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Achádego Teatro o sábado 14 de outubro no Teatro Pastor Díaz con “Balas sobre Broadway”

10-10-17

achadegoViveiro 10-10-17. Achadego nace en 1988 coa montaxe A dobre historia do Doutor Valmy, de Buero Vallejo.
Desde enton realizou montaxes de sala como: Desaqueloutrados de Alonso de Santos, Hecyra de
Terencio; Os simulados da caravilla de Manuel Maria; Dos arquivos do Trasno de Rafael Dieste; Á lus do
candil de Anxel Fole; Maxia Vermella de Michel de Ghelderode; Chuvia de Anxos sobre París de Alfonso
Sastre; Aulularia de Plauto; A Tempestade de Shakespeare; A Mandrágora de Niccolo Macchiavelli;
Confusión de María Balteira de Marica Campo; Unha petición de man e O Oso de Chejov; O libro de ler e
desler, creacion do grupo; Velaí a muller, de varias poetas; O divino sainete de Curros Enriquez, As
Alegres Comadres de Shakespeare e O barco sen mariñeiro de Alejandro Casona.

Ademais, fixo montaxes de rua: Os bandidos do mar, Enguedellos para o sotomundo, Antroido na
Muralla, O noso é mellor, Engadindo Pedras, Os Pelúdez entre nós, Urbis, Homenaxe a Lorca, Pinto pinto
gorgorinto, O tren dos tres merliños, De Mitra a Mitra e outros.

Tamen son ben conecidas as suas montaxes audiovisuais: Contos para o programa infantil da TVG
Superamigos, O bo cidadán fai a boa cidade baseado no libro Las buenas maneras de Blanco Amor; O
Irlandés Astrólogo de Luis Seoane e diversas colaboracions con Cool Films e outras productoras.

Achadego colabora habitualmente con outras Asociacions, como por exemplo co Club C. Fonmina na
Semana de Cine de Autor que se celebra na cidade de Lugo todos os anos.

Autor: Woody Allen (adaptacion de Achadego Teatro)

Director: Anton Sampaio

Elenco: 13 actores / actrices

Duración: 90

Sinopse:

O grupo de teatro Achadego, na busca continua de novos retos, decidese nesta ocasión por adaptar unha das pelicula do polifacetico Woody Allen. A accion trancorre na Nova York dos anos vinte do pasado seculo, na epoca da lei seca, na que a prohibicion da fabricacion e venda de bebidas alcoholicas derivou nun notable incremento do crime organizado. Nese contexto, o dunha sociedade marcada pola mafia, o escritor David Shayne precisa apoio financieiro para levar aos escenarios de Broadway a sua nova obra Deus dos nosos pais.

O humor presente na obra, a critica a pseudo-intelectualidade que as veces rodea ao mundo da cultura,
o teatro, os gansters, a musica e o baile… Son os aspectos que motivaron a Achedego a levar a cabo este proxecto. O ritmo vertixinoso que imprime Woody Allen a sua pelicula, fixo que adaptala ao teatro fora complexo, pero ao mesmo tempo moi ilusionante.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive