11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

AS VELLAS SAN LUCAS

09-10-17

suso-fernadezCada outono, dende hai séculos, Mondoñedo vóltase lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela, atraídos pola singularidade dun evento prestixado ó longo dos tempos: as súas feiras e festas das San Lucas. O engado da ancestral cidade engaiola a quen se chega a ela co espíritu disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus canteiros; dos sons dos músicos insignes ou dos versos apaixoados dos seus egrexios poetas. Dí Alvaro Cunqueiro, no seo “Merlín e familia”, que é ésta unha cidade sonada polos seus bispos e polo cabalar das San Lucas; e dí tamén que é rica en pan, en augas e en latín.
Pero chegadas As San Lucas a cidade amosa unha nova dimensión :o xentío, festexeiro e barullador invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no regazo amoroso a cantos chegan a ela, na procura dunhas xornadas de solaz, vividas na compaña dunhas xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade.
As feiras das San Lucas, en boa medida, conservan o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos da horta e os dos seus tradicionais artesáns; mantén o engado da personalidade diferenciada, e cada outono mariñán celebra o mais importante evento festeiro,comercial e social nas seculares feiras e festas das San Lucas; das que, confirmando a súa antigüedade, diremos que son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive