22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ata o 12 de outubro está aberto o prazo de inscrición para adultos na IV edición das carreiras Monte Comado, que terán lugar a vindeira fin de semana en Barreiros. Os participantes nas categorías infantís poderán anotarse ata o día 14

10-10-17

101017 Foto arquivo ComadoA IV edición das Carreiras Monte Comado, que se disputará esta fin de semana, os días 14 e 15 de outubro, mantén aberto o prazo de inscrición ata o 12. O proceso para adultos pode facerse a través da páxina web montecomado.galitiming.com. O prazo para as categorías infantís estará aberto ata o día da 14, podendo inscribirse na mesma zona de carreira. Haberá distintos percorridos adaptados ás necesidades de cada categoría facendo que todos os nenos e nenas gocen da sensación de correr un trail como os maiores. Os organizadores destacan a gran evolución que está a ter este evento, tanto en número de participantes como en patrocinadores e colaboradores, polo que queren transmitir o seu agradecemento a todos eles.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive